EDUCACIÓN

Os máis pequenos participan nun Parque Infantil de Tráfico en Conxo

15/06/2009 A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, achegouse ata a Escola Infantil Municipal de Conxo, onde os alumnos do centro, xunto cos das escolas infantís de Fontiñas e San Roque participaron nun Parque Infantil de Tráfico. Esta actividade enmárcase no Programa de Educación Viaria e na Autoprotección ¿Onde está o perigo?, organizado polas concellerías de Educación e de Seguridade Viaria. O Parque funcionará de 11:00 a 12:30 horas.

Este Parque Infantil de Tráfico permite coñecer o contorno próximo dos nenos e nenas, identificando os diferentes elementos e a súa relación co tráfico. Fainos descubrir a importancia que teñen as normas e os sinais de tráfico e coñecer o significado dalgunhas delas, fomentando actitudes de respecto.

Ademais, a actividade é un achegamento á imaxe dos diferentes axentes, como policías, bombeiros ou persoal sanitario. Os rapaces de 0 a 3 anos simulan no Parque unha serie de condutas propias do seu comportamento como peóns e viaxeiros de transporte público e privado.

Compartir: