DEPORTES

Comeza a fase final da Compostela Cup do Camiño 2009

11/06/2009 A Fase Final da Compostela Cup do Camiño 2009, organizada pola Fundación Compostela Deporte co patrocinio da Sociedade Xestora do Plan Xacobeo e Caixanova, comeza o venres 12 coa disputa da primeira xornada da modalidade de Fútbol 7 de veteranos. Dezaseis equipos loitarán ata o 21 de xuño polo título de campión. Os campos de As Cancelas e Santa Isabel serán os escenarios da competición.

Os dezaseis equipos que loitarán ata o 21 de xuño polo título de campión son: Victoria FC, 1928 Racing San Lorenzo, Deportes Caneda, Aldea Nova, Real ATF, Casikesi, Peña Bodegón Arzúa-Consellería de Presidencia, FC Brión, Norfinance, SD Compostela Sordos, Football Team, Imprenta Arigraf, Teu Lar-Piraña Rock, Froitería A Cepa, Liñares Asesores e Alcomte Galicia.

A Compostela Cup do Camiño é un torneo que une deporte, cultura e lecer. Ten a finalidade de fomentar o deporte base e os valores que van implícitos á práctica de calquera disciplina deportiva, tales como superación, perseveranza, esforzo, sacrificio, traballo en equipo e respecto aos árbitros, aos adversarios e ás diferenzas culturais.

Compartir: