DEPORTES

Unha imaxe sobre a superación e o espírito deportivo gaña o XIII Concurso de Fotografía Deportiva

04/06/2009 Unha fotografía titulada Espíritu deportivo II, presentada por José Vicente López, foi a gañadora do XIII Concurso de Fotografía Deportiva. Nesta edición do certame concursaron 75 fotografías.

A fotografía gañadora representa, en Branco e negro a un deportista en cadeira de rodas en plena competición. Para o seu autor, José Vicente López, será o premio de 1.000 euros.

En segundo lugar, o xurado elixiu a fotografía titulada Paleando en canoa, de José Manuel Maiquez Mijares, mentres que o terceiro clasificado foi José López Pérez por A por el. Recibirán 700 e 400 euros, respectivamente.

A maiores, o xurado decidiu conceder dous accésits: un para Tania Méndez Fuentes, autora da fotografía Salto de fe, e un segundo para Manuel Méndez Blanco, quen concursou cunha fotografía titulada Creando afección.

O xurado do XIII Concurso de Fotografía Deportiva, presidido polo concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, estivo integrado por Antonio Bermúdez Vidán, membro da Xunta Directiva da Federación Galega de Periodismo Deportivo; Alberto Suárez Buyo, fotógrafo profesional da empresa Margen Fotografía; Iria Feijoo Regueiro, responsable do Departamento de Prensa do Concello de Santiago; e Juan Carlos Garabato Rodríguez, técnico do Departamento de Deportes do Concello.

Compartir: