ALCALDÍA

O Compostela segue a celebrar o seu ascenso a Segunda B

03/06/2009 Tras as diversas celebracións polo seu ascenso a Segunda B, os integrantes da Sociedade Deportiva foron recibidos en Raxoi polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e boa parte da Corporación.

O acto, celebrado no Salón Nobre de Raxoi, serviu para agradecer o traballo realizado durante unha longa temporada, que levou ao Compostela ao título da Terceira División e logo ao ascenso á división de bronce do fútbol español. O cambio de categoría confirmouse o domingo 31 de maio tras superar a dobre partido ao conxunto oscense do Monzón.

Á fronte da expedición compostelanista estaba o seu presidente, José María Caneda, quen expresou a súa satisfacción polo éxito logrado. Ademais, amosou o seu convencemento de que este ascenso é unicamente o segundo (o primeiro foi de Preferente a Terceira) dun camiño cara a categorías aínda superiores.

Compartir: