ALCALDÍA

O alcalde agradece o "excelente traballo" de Jesús Caramés nos seus tres anos como xerente do CHUS

03/06/2009 Jesús Caramés Bouzán, xerente ata a data do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela (CHUS), quixo despedirse do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen o recibiu en Raxoi.

O alcalde agradeceu o "excelente traballo" desenvolvido por Caramés durante estes tres anos. Entre os seus logros, Sánchez Bugallo resaltou a redacción do plan funcional do CHUS, que permite a definición dun modelo e das previsións e necesidades do centro para a mellora da atención sanitaria especializada aos pacientes a longo prazo.

Compartir: