ALCALDÍA

Encarna Otero visita o Concello e a Oficina de Rehabilitación

24/10/2005 A directora xeral de Fomento e de Calidade de Vivenda, Encarna Otero, ex concelleira de Muller no concello de Santiago, visitou a Casa do Concello para falar co alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre os proxectos de futuro e a colaboración entre o concello e a Xunta. Logo de visitar Raxoi, Otero desprazouse á Oficina de Rehabilitación xunto á concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón.

Otero explicou que actualmente a Xunta dispón dos cartos necesarios para levar a cabo a rehabilitación dos cascos históricos e de edificios de máis de quince anos, pero que para levar a cabo é preciso facer un percorrido por todos os concellos e contar coa súa colaboración.

Durante a súa visita a Raxoi, a directora xeral de Fomento e de Calidade de Vivenda destacou que na rehabilitación está "o presente e o futuro da vivenda".

Otero declarou que é precisco ofrecer vivenda de alugueiro en oferta dentro do volume de vivenda de rehabilitación, para que a xente nova de menos de 35 anos poida ter acceso a este tipo de vivenda.

Compartir: