ALCALDÍA

O alcalde reúnese con AENA e co Aeroclub para negociar os termos do desaloxo

01/06/2009 Na reunión que mantivo o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, en Madrid co presidente de AENA, Juan Ignacio Lema, e co presidente do Aeroclub, Juan Cuevas, acordouse que a entidade compostelá pon de inmediato a disposición de AENA os terreos, que actualmente ocupa, para proceder ao inicio das obras da nova terminal, novos aparcamentos e accesos aeroportuarios.

AENA autoriza ao Aero Club a seguir utilizando durante un ano unha parte dos actuais terreos, en concreto, aqueles que non interfiren co desenvolvemento das obras mencionadas e que se corresponden coa súa sede social e outros servizos complementarios.

Compartir: