ALCALDÍA

Un Nobel máis no Libro de Honra do Concello

01/06/2009 O Programa ConCiencia, organizado polo Consorcio e a Universidade de Santiago, segue a traer á cidade aos máis recoñecidos científicos. Desta volta é a vez do Premio Nobel de Física en 1980, James Cronin, quen tamén deixou a súa sinatura no Libro de Honra do Concello.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a a James Cronin en Raxoi. Posteriormente á conferencia impartida polo científico no CGAC baixo o título "Algunhas viñetas na historia das investigación en raios cósmicos".

O profesor dos Institutos Kavli para a Física Cosmolóxica e Enrico Fermi da Universidade de Chicago, James Watson Cronin (Chicago, 1931) é un recoñecido experimentalista que ten realizado con éxito numerosas probas para estudar a simetría entre a materia e a antimateria. Deses traballos resultou o descubrimento da Violación da Conxugación de Carga e Paridade (CP), que lle valeu o Premio Nobel de Física xunto co seu colega Val Fitch.

Despois de ter recibido o galardón, Cronin interesouse polos raios cósmicos, con experimentos para buscar raios gamma de alta enerxía e para medir raios cósmicos. Tamén é coñecido por ter descuberto o "Efecto Cronin", que describe que a unión de nucleóns en átomos pesados afecta ás interaccións a altas enerxías.

Compartir: