ALCALDÍA

Visita institucional do presidente da Xunta ao Concello

27/05/2009 O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, realizará o venres 29 maio unha visita institucional ao Concello de Santiago, onde será recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Ás 11:00 horas da mañá está previsto que chegue o presidente da Xunta á praza do Obradoiro, onde será recibido polo alcalde compostelán. A continuación, ambos mandatarios trasladaranse ao Salón Vermello do Pazo de Raxoi, onde Núñez Feijoo saudará aos restantes membros da Corporación municipal.

Seguidamente, o presidente e o alcalde, acompañados polo delegado territorial da Xunta na Coruña e os portavoces municipais, manterán unha reunión de traballo á que seguirá unha reunión privada entre Núñez Feijoo e Sánchez Bugallo.

Así mesmo, está previsto que o máximo dirixente da Xunta asine no Libro de Honra da cidade e que manteñan, o rexedor e o presidente, un encontro cos medios de comunicación.

Compartir: