UMAD

A UMAD imparte un obradoiro para mellorar a comunicación entre pais e fillos adolescentes

26/05/2009 O mércores 27 comeza o obradoiro Comunicarse cos adolescentes. Cando falamos, ¿quen nos escoita?, organizado pola Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD). A actividade desenvolverase os días 27 de maio e 3, 10 e 17 de xuño na propia UMAD (Salgueiriños).

A psicóloga da UMAD María José Blanco Freire será a encargada de impartir este taller, que se enmarca nas actuacións preventivas dirixidas a pais e nais que se desenvolven dende esta Unidade. Tratarase de proporcionar aos asistentes estratexias e información que melloren a comunicación cos seus fillos e fillas. En particular abordarase a tarefa, non sempre doada, de escoitar e falar cos adolescentes.

As catro sesións previstas realizaranse en horario de 18:00 a 20:00 horas. Para aqueles pais e nais que participen no obradoiro e que así o precisen, haberá un servizo de atención gratuíto para os máis pequenos.

Compartir: