ALCALDÍA

A Asociación de Viúvas "Rosalía de Castro" prepara un congreso galego para 2010

26/05/2009 As representantes da Asociación de Viúvas Rosalía de Castro foron recibidas en Raxoi polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e pola concelleira de Benestar Social, Mar Martín. A Asociación prepara un congreso galego para abril de 2010.

A Asociación quíxolle explicar ao alcalde polo miúdo os detalles deste Congreso, para o cal comprometeu a colaboración municipal. Este encontro servirá para por de relevo as principais demandas das viúvas galegas, como a concesión do 70% do salario do marido finado, incrementando o 52% que perciben actualmente.

A concelleira de Benestar Social considerou "lóxicas" as reivindicacións da Asociación de Viúvas Rosalía de Castro, entidade que ten xa máis de 400 integrantes. Recordou a antigüidade e importancia que esta Asociación ten adquirido nos últimos anos.

Compartir: