EDUCACIÓN

O Auditorio acolleu as representacións escolares de "Compostela en danza"

24/05/2009 "Compostela en danza" levou ao Auditorio de Galicia as coreografías das alumnas e alumnos de seis centros escolares composteláns. En total, 166 alumnas e 3 alumnos entre 3 e 12 anos participaron nestes bailes dos máis diversos estilos.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, non quixo perderse o espectáculo, no que se levaron a escena 16 coreografías: Brancaneves, Tango: No me cuentes milongas, La Bayadere, Fusión, ¡Esto es magia!, Esmeralda, Percepcións, O vals das máscaras, Discúlpame, A&O, Pío Pío, Ícaro, Apologize, Vals de Coppélia, Tango de Roxanne e Puntos de mira.

Foron seis os colexios que participaron nesta edición: CEIP López Ferreiro (38 alumnas), CEIP Pío XII (20 alumnas), Colexio San José de Cluny (58 alumnas), IES Arcebispo Xelmírez I (18 alumnas e 1 alumno), Colexio Manuel Peleteiro (23 alumnas e 2 alumnos) e IES Rosalía de Castro (7 alumnas).

Compartir: