ALCALDÍA

O alcalde reúnese cos veciños para explicarlles o proxecto de reurbanización da rúa Londres

24/05/2009 O martes 26 de maio, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, manterá ás 20:30 horas un encontro con veciños no Centro Sociocultural das Fontiñas para explicarlles de forma directa o proxecto de reurbanización da rúa de Londres.

Trátase dunha reunión aberta a todos os veciños que queiran coñecer o proxecto e os datos desta actuación, que se financiará con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local.

Esta obra conta cun orzamento de 2.155.172 euros. A súa adxudicación recaeu na UTE Misturas, SA-Alcomte Galicia, SL e ten un prazo de execución de 216 días.

Compartir: