DEPORTES

Rafael Rodríguez, do Supermercados Froiz, gaña a Volta da Ascensión

23/05/2009 O corredor do Supermercados Froiz Rafael Rodríguez gañou a Volta Ciclista da Ascensión-Gran Premio Xacobeo 2009, cun novo triunfo na terceira etapa. Cómpre lembrar que o campión liderou a Volta dende o seu triunfo na primeira xornada da competición. Rodríguez foi primeiro na chegada ao sprint da última etapa, seguido de Dmitry Puzanov, do CC Spol Caixanova, e David Gutiérrez, do Camargo-Ferroatlántica.

O equipo do campión, o Supermercados Froiz, tamén confirmou o liderato que ostentou na clasificación xeral por equipos dende o primeiro día da Volta; pero tamén o seu dominio nesta competición dende o 2007, quedando campión nas tres últimas edicións. O segundo na clasificación xeral individual foi Álvaro García, do Universidad Politécnica de Valencia-Bancaja. E o terceiro, David Gutiérrez, do Camargo-Ferroatlántica, quen tamén se adxudicou o mailllot branco da regularidade, patrocinado polo Concello de Santiago-.

O vencedor da clasificación xeral do premio da montaña –maillot verde patrocinado polo Grupo Brea- foi Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia); o das metas voantes –maillot laranxa patrocinado por Área Central- foi Amaro Antunes (Crédito Agrícola Pombal): o primeiro na clasificación de mellor galego –maillot azul e branco patrocinado por Muebles Compostela- foi José Cerezo (Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia) e o mejor sub-23 –maillot azul oscuro patrocinado pola Fundación compostela Deporte- foi Alexander Ryabkin (Lokomotiv).

Compartir: