CIDADE

Continúan os IV Encontros Internacionais de Arquitectura cunha xornada arredor da memoria e o patrimonio

21/10/2005 Tras a inauguración dos Encontros, á que asistiron a Ministra de Vivenda de Vivenda, María Antonia Trujillo, a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas e o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, entre outras autoridades, continúan as ponencias dos invitados aos Encontros, desde as 10.30 ás 18.30 horas. Abrirá a xornada central do congreso Paulo Mendes da Rocha e pecharaa Wiel Arets.

"A memoria e o patrimonio. A historia do futuro. A permanencia do obxecto arquitectónico no tempo". Arredor deste fío condutor disertarán nos IV Encontros, ao longo da xornada do venres 21 de outubro, os arquitectos Paulo Mendes da Rocha (Brasil), Alfonso Penela (Galicia, España), Juan Navarro Baldeweg (España) e Wiel Arets (Holanda).

En canto á actividade vinculada á Mostra de Empresas que se está desenvolvendo en paralelo aos Encontros, na xornada do 21 de outubro están programadas dúas conferencias de empresa, ás 12.30 a cargo dun voceiro do Clúster Galego da Madeira e ás 18 por parte da firma Tecam Oficinas.

Un coloquio, moderado polo profesor da ETSA de A Coruña, Celestino García Braña, no que participarán todos os protagonistas do día, marcará o peche desta segunda e penúltima xornada duns Encontros que reuniron a máis de 1.200 profesionais do sector da Arquitectura.

Compartir: