ALCALDÍA

Os traballadores municipais celebraron a festividade de Santa Rita de Casia

20/05/2009 Como cada ano por estas datas, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo recibiu no Salón Nobre aos traballadores do Concello. O motivo non era outro que a celebración de Santa Rita de Casia, patroa da Administración Local.

Sánchez Bugallo agradeceu aos traballadores municipais o seu traballo en prol do bo funcionamento do Concello. Despois, o alcalde departiu con todos durante uns instantes.

Compartir: