CIRCULACIÓN VIARIA

Restablécense todos os carrís de circulación en Romero Donallo

13/05/2009 A Concellería de Circulación Viaria do Concello de Santiago informou que, unha vez rematadas as obras de reposición de colectores na zona de Romero Donallo, esta rúa recupera todos os seus carrís en ambos sentidos.

Cómpre recordar que, durante 18 días, unicamente houbo un carril de subida e outro de baixada no tramo da rúa que vai dende a gasolineira ao cruce con Santiago de Chile. Agora recupéranse todos os carrís na totalidade da rúa.

Non obstante, e por mor das obras no túnel do Hórreo, séguese a recomendar evitar no posible o paso por este punto neurálxico e utilizar rutas alternativas como a rúa Clara Campoamor ou a AP-9 no seu tramo urbano.

A Concellaría de Seguridade Cidadá e Circulación Viaria prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles puideran ter ocasionado.

Compartir: