DEPORTES

A Fundación Compostela Deporte e a Agrupación Deportiva El Correo Gallego asinan un convenio de colaboración

20/10/2005 Con motivo da 28º Carreira Pedestre Popular de Santiago, asinouse un convenio no que participaron Manuel Portas, como vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, e Jesús Cea, como Presidente da Asociación Deportiva El Correo Gallego.

O convenio ten o obxecto de impulsar a promoción do deporte en Santiago, como elemento "necesario na formación humana da persoa e como vínculo de cohesión e identificativo dos pobos", segundo se explica no texto.

Deste xeito, a Fundación Compostela Deporte e a Agrupación Deportiva El Correo Gallego colaborarán na realización de actividades e eventos deportivos que promocionen a imaxe do deporte básico compostelán, tratando de animar a participación cidadá e estimular ás empresas privadas para que apoien a realización de actividades deportivas e a difusión do deporte en xeral en Santiago.

O domingo 23 de outubro celebrarase a 28º Carreira Pedestre Popular de Santiago que sairá de Xoán XXIII ás 10.30, para os adultos, e ás 11.30 para os máis pequenos.

Compartir: