ALCALDÍA

O alcalde departe con emigrantes galegos de Montevideo

07/05/2009 Na súa última xornada institucional en Montevideo, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, foi recibido pola embaixadora de España en Uruguai, Aurora Díaz-Rato, e polo intendente municipal de Montevideo, Ricardo Ehrlich.

O día anterior mantivo un encontro no Centro Galego de Montevideo cun cento de santiagueses da colectividade emigrante en Uruguai, dos cales uns 600 residen na capital uruguaia. A directiva do centro solicitou ao mandatario compostelán unha liña de colaboración para subvencionar a cuota de socio aos santiagueses emigrantes no novo polideportivo que o centro vén de construír. O alcalde visitou tamén as novas instalacións do Patronato da Cultura Galega e mantivo unha reunión coa directiva da Casa de Galicia.

Compartir: