CIDADE

Comezan os IV Encontros Internacionais de Arquitectura

20/10/2005 A cerimonia de inauguración, no Palacio de Congresos e Exposicións, será o xoves 20 ás 16.30 horas, e a ela asistirán a Ministra de Vivenda, María Antonia Trujillo, a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, ex decana del COAG e membro do Comité Científico; o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, o decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Mariano de Labra, e o director do Comité Organizador, Luciano González Alfaia.

Aínda que a inauguración oficial terá lugar ás 16.30 horas, os IV Encontros Internacionais de Arquitectura darán comezo ás nove da mañá coa recollida das acreditacións. O congreso reunirá a máis de 1.200 arquitectos e estudantes de arquitectura europeos.

Ás 10 en punto, o presidente do Comité Científico do congreso, o arquitecto estadounidense xurado do premio Pritzker (o Nobel da Arquitectura) Carlos Jiménez ofrecerá a primeira intervención da xornada. Seguiralle o autor xaponés Kengo Kuma, premio JCF Design en 1995, AIA Dupont Benedictus en 1997 e Premio Arquitectura en Pedra de Italia en 2001.

Tras a pausa-café intervirá o arquitecto tanzano formado e establecido en Londres, David Adjaye, que no 2000 creou o seu propio estudio, Adjaye Associates. Os gañadores do primeiro premio dos concursos para o Centro das Artes de A Coruña (2001) e o Recinto Feiral de Palma de Mallorca, Victoria Acebo e Ángel Alonso ofrecerán ás 17 horas a súa particular visión das Identidades en Arquitectura –leit-motiv desta edición.

Por fin, ás 18.30, o mestre luso Eduardo Souto de Moura, último premio FAD por su impresionante estadio de Braga. Autor de múltiples vivendas unifamiliares e edificios institucionais, Souto de Moura é un dos mellores arquitectos vivos contemporáneos. Ás 19.30, o profesor da Escola de Arquitectura de A Coruña, Felipe Peña, moderará o primeiro debate dos IV Encontros.

A Mostra da Construción, en paralelo aos Encontros ofrece tamén mañá sendas conferencias patrocinadas pola Asociación Galega de Graniteiros e a firma Saunier Duval.

Compartir: