CIDADE

Compostela celebra o Día de Internet

24/10/2005 A Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual, en colaboración co Concello de Santiago, instalou unha carpa na Praza da Quintana con motivo da celebración do "Día de Internet", o 25 de outubro.

O Pazo de Raxoi acolleu unha recepción aos alcaldes das cidades incluídas no Proxecto Cidades Dixitais de Galicia, coincidindo coa presentación da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia da web de dito proxecto.

As cidades participantes no proxecto Cidades Dixitais son A Estrada, As Pontes de García Rodríguez, Vilalba, Redondela, Monforte, Ribeira e Verín, Lugo e Vigo.

Paralelamente, a iniciativa Todos.es do Ministerio de Industria animou o Obradoiro con actividades tecnolóxicas. Tres autobuses estiveron abertos ao público durante todo o día, cada un cunha temática distinta, co fin de ofrecer unha visión múltiple das vantaxes da Sociedade do Coñecemento.

Así mesmo, co obxectivo de darlle publicidade ao concurso Entra e Navega, incluído no programa Internet nas Bibliotecas que pretende achegar internet aos cidadáns difundindo o seu uso como unha ferramenta de comunicación, a Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual, en colaboración co Concello de Santiago, instalou unha carpa na Praza da Quintana.

Na carpa instaláronse doce postos informáticos con acceso a internet para que todos os veciños partipasen no concurso

Unha web para o Día de Internet
Por outra banda, o Concello de Santiago colaborou coa Asociación de Usuarios de Internet e a axencia Europa Press na posta en marcha da iniciativa ‘Día de Internet – Cidadáns2005’ orientada a recoller as opinións e propostas dos veciños composteláns en relación co desenvolvemento de Internet e a Sociedade da Información en Santiago.

Para fomenta-la participación dos cidadáns no debate na webespecífica deste día, distribuíronse guías divulgativas do proxecto en centros de acceso público e gratuito a Internet ubicados na cidade.

Persoeiros do ámbito político, académico e da sociedade civil publicaron a súa visión de Internet neste foro dixital para incentivar a participación dos veciños.

Co conxunto de opinións e reflexións da cidadanía, os elaborarase un informe de conclusións sociolóxicas que será remitido a tódalas administracións públicas vinculadas ao desenvolvemento da Sociedade da Información no Concello de Santiago.

Compartir: