ALCALDÍA

O alcalde recibiu á nova directiva da Asociación de Veciños Río Sarela

28/04/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi á nova directiva da Asociación de Veciños Río Sarela de San Lourenzo-Carme de Abaixo.

A Asociación está agora presidida por Isabel Beiroa Liñares, quen ademais de presentarse, tivo ocasión de formularlle ao alcalde as principais demandas dos veciños. Na xuntanza tamén participou o concelleiro de Obras, Infraestruturas e Relacións Veciñais, Bernardino Rama.

Compartir: