TRANSPORTES

TUSSA renovará os aseos públicos no aparcadoiro de Xoán XXIII

28/04/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu esta mañá a reunión ordinaria do Consello de Administración da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA). Na sesión adxudicáronse as obras de reforma dos aseos públicos de Xoán XXIII.

O Consello de Administración de TUSSA analizou os distintos proxectos para unha renovación total dos aseos da zona de San Francisco, no aparcadoiro de Xoán XXIII. Esta actuación permitirá aumentar a súa capacidade e, a maiores, construirase unha sala de espera para uso xeral. A empresa que resultou adxudicataria foi 2000 JOSCÓN CONSTRUCCIONES, S.L., por un importe de 21.337,70 euros máis IVE.

Na orde do día tamén figuraba a aprobación das bases para a contratación dun/dunha oficial 2ª administrativo para cubrir unha baixa por maternidade.

Compartir: