ALCALDÍA

Doce composteláns expoñen as súas recomendacións literarias na Biblioteca Pública Anxel Casal

27/04/2009 A Biblioteca Pública Ánxel Casal celebra o Día do Libro cun amplo programa de actividades que inclúe a exposición "'60 libros para o día do libro", recomendados por doce santiagueses. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, é un dos que deixou a súa lista de cinco libros.

Sánchez Bugallo visitou a mostra, que estará aberta ata o 30 de abril. Alí departiu durante uns minutos coa directora en funcións da Biblioteca, Carina Fernández. Xuntos puideron ver unha exposición que recolle as recomendacións de 12 composteláns. Ademais do alcalde, participaron o cociñeiro Marcelo; a actriz Dorotea Bárcena; as escritoras Marilar Aleixandre e Gloria Sánchez; o Deán da Catedral, José María Díaz Fernández; o director de Hoy por Hoy - Cadena Ser, Luis Iglesias; a empresaria María Caeiro; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; o director da Biblioteca Nacional de Galicia, Xosé Regos e un usuario elixido ao azar, Maquen Barreiro, en representación de todos os que acoden á Biblioteca.

En concreto, as recomendacións do alcalde son A Biblia; Los gozos y las sombras, de Gonzalo Torrente Ballester; La madre, de Máximo Gorki; Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro, e La ética protestante, de Max Weber.

Compartir: