ALCALDÍA

Unha expedición de dez persoas fará o Camiño en 2010 en carruaxes do século XIX

24/04/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo reuniuse en Raxoi co conde Max von Baden, membro da Familia Real dos Hannover e primo segundo de S.M a Raíña Sofía.

Von Baden explicoulle ao alcalde o proxecto de peregrinación que quere realizar en abril e maio de 2010 con carruaxes de cabalos do século XIX e persoal vestido de época. Unhas dez persoas integrarán a expedición.

Máis información no teléfono móbil 0049-1729767518 (Isabel, integrante da organización).

Compartir: