ALCALDÍA

O alcalde explica o desenvolvemento urbanístico de Santiago a alumnos do Curso Superior de Urbanismo da EGAP

23/04/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, ofreceu unha charla aos alumnos e alumnas do Curso Superior de Urbanismo organizado pola EGAP sobre a historia do urbanismo na nosa cidade.

Sánchez Bugallo lembrou o primeiro plan de ordenación, elaborado en 1974, que foi o primeiro escano na historia do urbanismo da idade moderna de Santiago. Tendo como eixo o casco histórico, en 1984 elaborouse un PXOU que culmina agora coa xestión dos últimos solos e coa aprobación do último PXOM en 2008, que culmina o proceso de construción de Santiago, exemplo de cidade "compacta, sólida e sostible", en palabras do alcalde.

Compartir: