ALCALDÍA

O alcalde recibiu ao comisario europeo de Multilingüismo

23/04/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao comisario europeo de Multilingüismo, Leonard Orban.

O comisario e o alcalde conversaron sobre a actualidade lingüística, con especial atención ao caso galego. Leonard Orban está en Santiago para participar no 36º Encontro da Asociación de Examinadores de Lingua de Europa, que se celebra na cidade do 22 ao 24 de abril.

Compartir: