ALCALDÍA

Santiago acollerá un encontro internacional rotario en 2010

17/04/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu aos membros do Club Rotario de Santiago. Esta Asociación está a organizar o IV Encontro Rotario Internacional que se celebrará do 7 ao 9 de maio de 2010 en Santiago con motivo da celebración do Ano Xacobeo.

Os integrantes do Club Rotario de Santiago informaron a Sánchez Bugallo sobre o programa deste encontro, que reunirá na cidade a membros de clubs rotarios de todo o mundo. Entre as actividades previstas está a realización dunha peregrinación a pé dende o Monte do Gozo ata a Catedral.

O Club Rotario de Santiago é un dos máis de 31.000 clubs rotarios que existen en 168 países. Rotary é unha asociación internacional de líderes empresariais e profesionais que afirman "promover a posta en práctica de elevadas normas de ética en toda ocupación e contribuír ao desenvolvemento da boa vontade e a paz no mundo". Fundada en 1905 e con máis 1,2 millóns de integrantes, a organización defínese a si mesma como "humanitaria, apolítica e aconfesional".

Compartir: