CONSORCIO

O Consorcio rescinde o contrato de execución da obra da rúa de Sar por incumprimento de contrato

16/04/2009 O Consorcio de Santiago decidiu, logo de cumprir os trámites legais correspondentes, rescindir o contrato de execución de obra da reurbanización da rúa de Sar á empresa adxudicataria no tramo entre a rúa do Olvido e avenida de Lugo por incumprimento de contrato.

Tras a recepción negativa das obras o 25 de febreiro, o Consorcio concedeu un prazo de vinte días para corrixir os defectos observados. Transcorrido ese prazo procedeu novamente o 31 de marzo a unha segunda recepción, resultando así mesmo negativa.

Ante este novo incumprimento das obriga por parte do contratista, o Consorcio de Santiago determinou unha indemnización por danos e prexuízos de 115.000 euros. Esta cantidade equivale ao importe estimado para levar a cabo a reparación dos desperfectos existentes na obra.

O Consorcio de Santiago solicitou autorización ao Concello para realizar as obras necesarias para a reparación do tramo afectado. En canto o Consorcio dispoña da autorización municipal acometerá a execución das referidas obras de reparación.

Compartir: