XUVENTUDE
O primeiro clasificado de cada modalidade musical recibirá un premio en metálico de 2.000 euros, mentres que os do segundo posto levarán 1.000 euros e os terceiros 500. Ademais, dende a Concellaría preparan a gravación dun CD conxunto entre os gañadores de cada modalidade. Do mesmo xeito, recibirán o apoio municipal a través de diferentes actividades promocionais por toda Galicia. As seguintes finais por categorías de hip hop, pop-rock e autor-folk celebraranse os xoves 23 e 30 de abril, tamén na Sala Capitol a partir das 22:00 horas.
Comeza o "MúsicaXove´09" coa primeira final de grupos de música metal
15/04/2009 A segunda edición do Certame MúsicaXove, organizado pola Concellaría de Xuventude, comeza o xoves 16 de abril coa primeira final. Actuarán os tres grupos na modalidade de metal: Soño Eterno, The Weak Force e The Codename, todos procedentes de Santiago. A Sala Capitol abrirá o despacho de billetes ás 21:30 horas para que todos os que queiran asistir ao concerto poidan recoller a súa entrada de balde.
O concurso comezará ás 22:00 horas e as tres bandas tocarán en directo os dous temas obrigatorios presentados na maqueta e dous temas libres a maiores. O xurado estará formado por sete profesionais do eido musical da cidade: o concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro; a directora da Escola Municipal de Música, Sara Domínguez; o locutor dos 40 Principais Gabi Davila; o músico Carlos Arévalo; o xerente da Sala Capitol, Antonio García Borrazás; o promotor musical vinculado ao Reixa e á Sala Nasa, Francisco Villasenín; e o responsable do programa formativo musical dos locais, Daniel Lamas.O primeiro clasificado de cada modalidade musical recibirá un premio en metálico de 2.000 euros, mentres que os do segundo posto levarán 1.000 euros e os terceiros 500. Ademais, dende a Concellaría preparan a gravación dun CD conxunto entre os gañadores de cada modalidade. Do mesmo xeito, recibirán o apoio municipal a través de diferentes actividades promocionais por toda Galicia. As seguintes finais por categorías de hip hop, pop-rock e autor-folk celebraranse os xoves 23 e 30 de abril, tamén na Sala Capitol a partir das 22:00 horas.