ALCALDÍA

Panamá propón crear a Casa da Cultura Iberoamericana no complexo do Gaiás

08/04/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao embaixador da República de Panamá en España, Miguel Ángel Cañizales.

A visita do embaixador panameño formaba parte da ronda de visitas institucionais que está a realizar en Galicia. O obxectivo das mesmas é propoñer a creación da Casa da Cultura Iberoamericana na Cidade da Cultura. O alcalde expresoulle a súa satisfacción por esta idea e animouno a presentar o proxecto á Xunta de Galicia, administración responsable do complexo do Gaiás.

Compartir: