CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Club dos Maiores de Fontiñas programa unha excursión a Vigo e ao Morrazo o día 22

18/10/2005 A excursión forma parte dun amplo programa de actividades deste Club que trata de dinamizar a vida social e cultural dos maiores de Santiago.

Para o próximo 22 de outubro, o Club dos Maiores das Fontiñas está a organizar unha excursión a Vigo e á Comarca do Morrazo. O prezo é de 6.50 euros para os socios e 8 para os non socios. Para escribirse só é necesario achegarse a calquera centro sociocultural, cubrir un formulario, e ingresar en conta bancaria a cantidade precisa.

Para o vindeiro mes de novembro, o Club ten programadas tres viaxes: a Taramundi-Oscos, a Triacastela-Samos-As Nogais, á comarca de Paradanta e a Vilanova da Cerveira.

Ademais, este Club organiza obradoiros de diversa índole, entre os que destacan o de Risoterapia (mércores de 18.30 a 19.30) e o de Memoria (mércores de 19.30 a 20.30). O custo dos obradoiros é de 6 euros/trimestre. Ademais, hai un curso de iniciación informática e internet específico para o colectivo da terceira idade.

Proxección de películas, xogos de mesa, visitas culturais e coloquios son outras das actividades que organiza este Club. O Club dos Maiores das Fontiñas xúntase o primeiro venres de cada mes ás 16.30 horas para presentar as actividades programadas para o mes, que se acompaña dunha degustación de chocolate, castañas, doces de Nadal ou pastas, segundo a tempada.

O Centro Sociocultural de A Trisca conta tamén cun Club dos Maiores.

Compartir: