ALCALDÍA

O Parlamento Europeo sitúa unha Caixa Multimedia en Santiago con motivo das eleccións do 7 de xuño

06/04/2009 O Parlamento Europeo instalará no Parque da Alameda de Santiago, dende o 7 ao 13 de abril, unha gran Caixa Multimedia, denominada "Box Vox", con motivo das próximas Eleccións Europeas do 7 de xuño.

A "Box Vox" será inaugurada o martes 7 de abril, ás 12:00 horas, polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e polo director da Oficina do Parlamento Europeo en España, Ignacio Samper. Esta Caixa permitirá aos cidadáns de Santiago entrar e deixar gravada unha mensaxe de vídeo coas súas preocupacións, expectativas e desexos sobre a Unión Europa.

As caixas multimedia estanse instalando en distintas cidades dos 27 países da Unión Europea, sempre en espazos públicos destacados e, tanto no exterior da caixa como en dúas pantallas adicionais situadas ao aire libre, emitiranse diversos videoclips coas declaracións dos cidadáns.

Compartir: