ALCALDÍA

O alcalde ofrece á Asociación Sarela de Dano Cerebral unha parcela no Castiñeiriño para a súa nova sede

06/04/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao presidente da Asociación Sarela de Dano Cerebral, José Balboa.

No encontro, no que tamén participaron a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, e a de Benestar Social, Mar Martín, falouse da futura sede da Asociación. O alcalde ofreceulle unha parcela no Castiñeiriño para a mesma, unha vez descartada unha ofrecida inicialmente en Conxo, por non adaptarse ás súas necesidades. Sarela estudará agora as posibilidades desta nova parcela.

Compartir: