MERCADOS

O alcalde inaugurou o novo mercado mensual Mostra Natura do Ensanche

04/04/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou na Praza Roxa a Mostra Natura do Ensanche, unha nova actividade que enriquecerá a oferta comercial e de ocio do Ensanche os primeiros sábados de cada mes. Un mercado de paxaros, plantas e flores e diversos obradoiros infantís integran a oferta desta iniciativa, patrocinada pola concellería de Mercados.

Este mercado celebrarase todos os primeiros sábados de mes, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Na Praza Roxa o visitante poderá atopar varios postos de exposición e venda de flores e plantas e de paxaros. Xunto a eles, obradoiros infantís relacionados co tema. Unha boa oportunidade para adultos e pequenos disfruten dunha oferta máis de lecer ao aire libre nun punto de referencia do Ensanche compostelán.

Baixo o patrocinio da Concellería de Mercados, Mostra Natura do Ensanche está organizada por Santiago Centro e a Asociación de Produtores de Plantas Ornamentais de Galicia (ASPROGA), coa colaboración da Sociedade Compostelá de Ornitoloxía e da Asociación Galega do Canario de Canto.

Compartir: