NOVA FUNDACIÓN

Nace a Fundación Compostela Deporte para atraer eventos deportivos

02/03/2005 A Fundación Compostela Deporte está promovida polo departamento de Deportes e intégrana Ruafer, Caixanova, Noiamóvil-Noia-Star, El Correo Gallego, o grupo Agro, Aquagest e Alcampo.

A Casa do Concello acolleu o 2 de marzo a reunión constitutiva da Fundación Compostela Deporte, que nace co obxectivo de coordinar os esforzos públicos e privados que se fan para promover e activar o deporte de base da cidade.

Outra das funcións principais da Fundación Compostela Deporte é a de atraer eventos deportivos relevantes a Santiago, a fin de optimizar os recursos deportivos da cidade.
Durante a súa reunión constitutiva, os membros da fundación artellaron o perfil dos primeiros proxectos e eventos deportivos que se organizarán proximamente na cidade.



Compartir: