ALCALDÍA

O Concello farase cargo de Bando para convertelo nun recinto deportivo de titularidade municipal

20/03/2009 O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, reuníronse en Raxoi cunha representación do Aeroclub encabezada polo seu presidente, Juan Cuevas.

Na xuntanza, a entidade foi informada polo alcalde da decisión municipal de facerse cargo dos terreos de Bando e de que o recinto deportivo que se aloxe neles sexa de titularidade municipal. A tal efecto, estanse estudando dúas posibilidades. Dunha banda, sacar a concurso unha concesión administrativa; e doutra, constituír unha sociedade mixta.

Sánchez Bugallo mostrouse convencido de que, en calquera dos dous casos, o Aeroclub reúne espléndidas condicións para optar á xestión deste recinto, respectando sempre o procedemento legal establecido en calquera convocatoria pública.

Compartir: