FACENDA

O FEDER achega unha subvención de máis de 624.000 euros para catro proxectos executados polo Concello

17/03/2009 O Ministerio de Economía e Facenda vén de aprobar unha subvención sobrevida do FEDER para subvencionar o 70% do custo de catro proxectos de reurbanización de rúas executados polo Concello con fondos propios durante 2006. Esa subvención supón unha achega de 624.169,95 euros respecto dos 891.671,37 euros que custaron as catro actuacións.

Das obras afectadas, a que requiriu un maior investimento, 367.612,86 euros, foi a de reurbanización da rúa Ramón Cabanillas. Outra actuación, a da reurbanización do tramo de Fernando III O Santo comprendido entre República Arxentina e A Rosa, foi certificada por 212.711,19 euros. A reurbanización do tramo de San Pedro de Mezonzo entre Diego de Muros e a Praza Roxa foi adxudicada por 161.527,32 euros, e a dos pavimentos das rúas Lino Villafínez e Modesto Brocos por 149.820 euros.

Compartir: