ALCALDÍA

O Concello colaborará co Consello de Contas na busca dunhas instalacións máis amplas para institución

09/03/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi co conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, Antonio López Díaz. No encontro falaron da necesidade da institución de atopar unhas instalacións máis amplas a medio prazo.

Sánchez Bugallo manifestoulle a López Díaz a vontade do Concello de colaborar nesta busca de novas instalacións. Consideraron varias hipóteses, asumindo como prioridade o aproveitamento de edificios xa existentes, pero sen desbotar outras posibilidades. En calquera caso, estas hipóteses –apuntou o alcalde- haberá que tratalas co novo Goberno da Xunta.

O conselleiro maior do Consello de Contas reiterou a intención de seguir falando tanto co Concello como con outras institucións para buscar esa nova sede. Recordou que xa lles resultan insuficientes para as 90 persoas que traballan no Consello os 2.000 metros cadrados dispoñibles na actualidade.

Compartir: