DEPORTES

O Concello felicita aos xuvenís do Lobelle polo seu triunfo no Torneo de Filiais da Copa de España

05/03/2009 O equipo xuvenil do Lobelle de Santiago FS foi recibido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e por parte da Corporación municipal, en recoñecemento ao seu recente éxito no Torneo de Filiais da Copa de España, celebrada en Granada.

Sánchez Bugallo felicitou aos campións polo triunfo no torneo, que supón unha recompensa ao traballo do Lobelle nas categorías inferiores e un estímulo para a canteira do fútbol sala compostelán. O equipo xuvenil ofrecerá o título á afección de Santiago no partido que o Lobelle de Santiago disputará contra o MRA Navarra, o venres 6, no Multiusos Fontes do Sar.

Compartir: