EDUCACIÓN
As obras, escritas en galego, serán inéditas e o tema é libre. O prazo de admisión de traballos finalizará o 23 de abril de 2009. Os premios entregaranse nun acto en Raxoi en maio, mes no que se celebra o Día das Letras Galegas.
O Premio Literario Ánxel Casal foi creado no ano 1996 con motivo da celebración do 150 aniversario da fundación do Instituto de Bacharelato Arcebispo Xelmírez I. Cada edición organízase en colaboración cun centro educativo. Neste ano 2009 é o IES Pontepedriña.
O nome do galardón é un recoñecemento ao insigne galeguista Ánxel Casal, que fora alcalde da cidade de Santiago de Compostela, ademais de fundador das Irmandades da Fala, pedagogo, coeditor da Colección Lar, impresor de "A Nosa Terra", da revista Nós e editor de tantas outras publicacións en galego.
O Premio Literario Ánxel Casal estimula un ano máis a creación literaria en galego entre os máis novos
25/02/2009 A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, presentou as bases da convocatoria da XIV edición do Premio Literario Ánxel Casal, nas súas modalidades de conto, poesía e teatro. O certame, dirixido ao alumnado dos centros de ensino secundario de Galicia, repartirá 5.100 euros en premios.
O Premio Literario Ánxel Casal ven promovendo cada ano a creación literaria entre os máis novos creadores, exercendo de estímulo para eles e servindo tamén para fomentar a utilización da lingua galega. Como en cada edición, haberá un premio de 1.000 euros para o primeiro e outro de 700 euros para o segundo en cada unha das tres categorías: conto, poesía e teatro.As obras, escritas en galego, serán inéditas e o tema é libre. O prazo de admisión de traballos finalizará o 23 de abril de 2009. Os premios entregaranse nun acto en Raxoi en maio, mes no que se celebra o Día das Letras Galegas.