ALCALDÍA

O Concello estudará a cesión dun terreo á CEG para a unha nova sede

23/02/2009 O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontela, plantexoulle ao alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, a necesidade dunha nova sede máis funcional para a entidade. Nunha reunión mantida en Raxoi a petición do primeiro, o alcalde comprometeuse a estudar a posibilidade de ceder un terreo para esa sede.

Fontenla comentoulle a Sánchez Bugallo que a CEG precisa outro local máis funcional, xa que o actual, na rúa do Vilar non cubre todas as necesidades da organización. Ante esta demanda, o alcalde indicoulle que dende o Concello se estudará a cesión dun terreo para esta nova sede, dun xeito semellante ao que aconteceu co Consello Galego de Cámaras.

O presidente da CEG anunciou tamén que se vai abrir unha subsede da Confederación de Empresarios da Coruña no Hórreo. A reunión serviu tamén para facer repaso a algúns temas de actualidade, como as infraestruturas, o AVE ou a situación económica. Respecto a esta última, Fontela valorou a actuación do Concello no impulso de vivenda protexida como o medio máis axeitado de manter o ritmo construtivo e o emprego.

Novo ministro de Xustiza
Preguntado polos xornalistas, o alcalde expresou a súa satisfacción pola elección de Francisco Caamaño como novo ministro de Xustiza. Sánchez Bugallo referiuse a súa amizade co ata agora secretario de Estado de Asuntos Constitucionais e Parlamentarios, ao que definiu como un home "con moita intelixencia e man esquerda".

Compartir: