DEPORTES

Os mellores valores do futuro do fútbol sala español compiten en Santiago

19/02/2009 O pavillón municipal de Santa Isabel acolle ata o domingo 22 o Campionato de España Sub-20 de seleccións territoriais de fútbol sala. Con este motivo, os directivos e demais integrantes das seleccións participantes foron recibidos en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Coa competición xa en marcha, foi momento para que o alcalde lle desexara aos representantes dos diferentes combinados unha feliz estancia en Santiago. Na recepción tamén participaron representantes da Federación Española de Fútbol, da Federación Galega de Fútbol e do Autos Lobelle de Santiago (organizador do torneo) ademais dunha representación municipal.

Na competición, que conta coa colaboración da Concellería de Deportes, participan as seleccións autonómicas de Castela e León, Estremadura, País Vasco, Madrid, Cataluña, Baleares, Ceuta, Asturias e Galicia. Moitos dos seus integrantes xa teñen xogado cos seus equipos na división de honra da Liga Nacional de Fútbol Sala.

Compartir: