ALCALDÍA

Constituída a comisión que preparará a presenza de Santiago na Expo de Shanghai

16/02/2009 O Concello de Santiago e a Xunta de Galicia formalizaron no Pazo de Raxoi a constitución da Comisión Especial de Cooperación para apoiar a participación de Santiago de Compostela na Exposición Universal de Shanghai que se celebrará en 2010, acto que estivo presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o conselleiro da Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu.

Por parte do Concello, integran esta comisión a concelleira de Urbanismo e Vivenda, Mercedes Rosón; o concelleiro de Facenda e Orzamentos, Andrés Fariña; o concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Iglesias; e a concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira.

Os representantes da Xunta na mesma son a directora xeral de Protección Civil, Esther González Saavedra; o director de Promoción, Innovación e Información Empresarial do IGAPE, Casto Varela; a directora xeral de Comercio, Ana Rúa; e o secretario xeral da Consellería de Cultura e Deporte, José Carlos Sierra Rodríguez.

Este encontro serviu para unha primeira toma de contacto entre os axentes implicados, ademais fixouse a data para a seguinte reunión, que será a finais de marzo.

Compartir: