CULTURA

A banda ofrece un concerto con pezas escollidas polo público

13/02/2009 Por terceira ocasión, a Banda Municipal de Música, dirixida por Casiano Mouriño Maquieira, ofrece o seu Concerto á Carta, cun programa confeccionado coas obras elixidas polo público. A cita será o domingo 15, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Durante os domingos 18 de xaneiro, 1 e 8 de febreiro, os asistentes aos concertos da Banda de Música tiveron a oportunidade de elixir as composicións que conformarían o concerto do 15 de febreiro.

O público escolleu as súas preferencias dun catálogo dividido en seis apartados: música clásica, música española, música galega, música do cine e musical, pezas pequenas e outras. Cada persoa marcou cunha cruz aquelas obras que máis lle gustaron, ata un total de dúas en cada apartado, agás no apartado de "outras", no que se puideron marcar sen limitacións.

Coas máis votadas a dirección da Banda conformou o seguinte programa:

I
Capricho Italiano, Op. 45, de P. I. Chaikovski
EL Amor Brujo (Suite), de M. de Falla

II
Robin Hood (Selección), de M. Kamen (Ar. de P. Lavender)
Rapsodia Galega nº 1 (Rapsodia), de E. García Rey
La Dolores (Gran Xota), de T. Bretón
Jesús Iglesias, Trompeta

Compartir: