ALCALDÍA

O alcalde explicoulles aos comerciantes o anteproxecto da nova estación do AVE

12/02/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse esta tarde coa directiva de Acotés, para falar do anteproxecto da nova estación do AVE en Santiago. No encontro estivo tamén a concelleira de Vivenda e Urbanismo, Mercedes Rosón.

Alcalde e concelleira departiron cos representantes da asociación de comerciantes sobre o que supoñerá este proxecto para a cidade, e tamén arredor do espazo que se reservará para uso comercial no recinto. Os representantes do Goberno municipal trasladáronlles a idea de que a estación intermodal transformará de xeito significativo a nosa cidade e será un impulso importante para o seu contorno, cosendo urbanisticamente as Brañas de Sar e o Castiñeiriño co Ensanche.

Compartir: