EDUCACIÓN

Educación e Xuventude organizan o I Encontro educativo para o desenvolvemento dos mozos no mercado laboral

09/02/2009 O Palacio de Congresos e Exposicións acollerá os días 13 e 14 de febreiro o I Encontro educativo para o desenvolvemento persoal da xuventude no mercado laboral "Mantente en FORMAción", organizado polas Concellerías de Educación e de Xuventude coa colaboración da Consellería de Traballo. Esta iniciativa pretende potenciar entre a xuventude habilidades profesionais precisas para o desenvolvemento persoal no mercado laboral.

Os concelleiros de Educación e de Xuventude, Guadalupe Rodríguez e Xosé Baqueiro, presentarán mañá martes esta iniciativa, acompañados da directora xeral de Traballo, Pilar Cancela. Darán así a coñecer o programa de relatorios, talleres e espazos nos que os asistentes poderán participar nestes dous días.

Cómpre destacar a presenza neste Encontro, entre outros ponentes, do adestrador e comentarista Jorge Valdano ou do presentador e actor Dani Mateo, que pronunciarán conferencias sobre o traballo en equipo e a comunicación na sociedade de masas, respectivamente.

Compartir: