ALCALDÍA

O alcalde recibe ao cónsul de Francia en Bilbao

06/10/2005 O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao cónsul de Francia en Bilbao, Thierry Frayssé en visita de cortesía.

Recibido o xoves 5 de outubro en audiencia protocolaria polo alcalde compostelán, Thierry Frayssé informou a Bugallo que os servizos que presta o seu consulado na nosa cidade, a través da cónsul honoraria, Rosario Porto, vense incrementados notablemente pola crecente afuencia de peregrinos franceses.

Afortunadamente, sinalou o cónsul, os servizos máis demandados noutros lugares, vencellados polo xeral a cuestións de seguridade (perda ou robo de documentación e cartos...) non son os requeridos en Compostela, cidade cun alto grao de seguridade cidadán. Así mesmo comentou que o número de residentes franceses en Galiza ven aumentando progresivamente.

Compartir: