DEPORTES

O Concello distingue aos catro clubs de fútbol máis deportivos da temporada 2007/08

28/01/2009 A S.D. Grixoa (2ª Autonómica), o Noitebra C.F. (3ª Autonómica), o C.D Belvís (Xuvenil) e a S.D. Villestro (Cadete B) recibiron os trofeos á deportividade da temporada 2007/08.

Nun acto celebrado en Raxoi e presidido, en ausencia do alcalde, polo concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, o Concello quixo recoñecer, como cada ano, aos catro clubs que ao longo da temporada recibiron menos tarxetas e amoestacións. Optaban a esta recoñecemento so equipos en competición da zona de Santiago nas categorías de 2ª autonómica 3ª autonómica, xuvenil e cadete.

Estes premios foron creados na tempada 2000/01 a proposta da Delegación de Fútbol de Santiago e co apoio do Concello. Os representantes dos clubs gañadores reciben unha peza cerámica en recoñecemento á súa deportividade.

Algúns dos gañadores desta temporada xa son habituais nestes galardóns. Tal é o caso da S.D. Villestro, galardoada en xuvenís na temporada 2006/07 e na 2005/06. Ademais do club de Villestro, na anterior edición foron premiados a S.D Cidade de Santiago (2ª Autonómica), o Club Campo da Angustia (3ª Autonómica) e o Club Peña Bodegón Arzúa (Cadetes).

A Delegación de Fútbol de Santiago conta cuns 130 clubs e 500 equipos inscritos nas diversas ligas, que supoñen uns 8.000 partidos cada ano. Tamén regula os trofeos da Copa do Sar e os torneos patrocinados polo Concello de Santiago nas diversas categorías: afeccionados, xuvenís, cadetes, infantís, alevíns e benxamíns.

Compartir: