ORZAMENTOS

A comisión informativa de Facenda celebrarase o xoves 29 e o pleno extraordinario sobre orzamentos o luns 2

26/01/2009 O Goberno municipal quere comunicar o luns 26 de xaneiro tivo lugar a comisión informativa de Facenda, na que se informou sobre o proxecto de orzamentos municipais para 2009.

A documentación foi entregada o venres 23, co que os membros da comisión tiveron 3 días para o seu estudo. Na reunión da comisión, os membros do Partido Popular alegaron falta de tempo para o estudo do proxecto de orzamentos xa que estaba a fin de semana de por medio.

Para que os membros do grupo municipal popular poidan revisar o documento en profundidade e co fin de evitar polémicas estériles, o Goberno municipal decidiu convocar unha nova comisión informativa de Facenda para o xoves día 29 ás 9:00 horas.

Así mesmo, comunícase que o pleno extraordinario sobre orzamentos celebrarase o luns 2 de febreiro ás 9:00 horas.

Compartir: